A Insigne Confraría da Virxe da Esperanza quere estar presente na homenaxe á don Francisco Cacharro Pardo, xa que pola súa colaboración como Presidente da Deputación de Lugo dende o ano 1983 foi o gran benfeitor da nosa Confraría, pois contamos coa súa axuda para afrontar gran parte dos gastos que ocasiona a vinda á Lugo o Luns Santo da Armada. Colaboración que aínda hoxe seguimos recibindo da devandita institución.
Don Francisco Cacharro Pardo forma parte do cadro de honra da nosa confraría, pois foi nomeado Irmán Maior Honorario da mesma o 30 de novembro de 1992.
Por todo o antedito, sempre o recordamos nos nosos actos, tanto polo que fixo a nivel persoal como pola súa intercesión con outras autoridades do momento, tal foi o caso do agasallo que don Manuel Fraga Iribarne, presidente da Xunta de Galicia, fixo de dúas mazas de prata que a partires de entón enriquecen a nosa procesión.