Nada lucense lle foi alleo
Desde Terencio (século II A.X.) quedounos a expresión de “Son home, e nada humano me é alleo”, como exemplo de sensibilidade pola contorna e, aplicado a un político, como exemplo ou proba de comprensión, receptividade, da problemática social que incide.
A Paco Cacharro nada da provincia lle foi alleo, e en todos os sectores ou ámbitos da actividade humana se implicou, a prol deles orientou as accións da Deputación de Lugo.
E se ben é de xeral conformidade que a mellor herdanza que Paco Cacharro nos deixou aos lucenses foi o Campus Universitario de Lugo, ben merece o seu decisivo paso pola Presidencia da Deputación Provincial un mínimo repaso ás accións ou actividades manifestamente relevantes.
O tema económico
A economía do organismo que presidía foi un tema primordial para Paco Cacharro. Os seus fillos lembran:
Paco.- La Diputación de Lugo era, en tiempos -y ésto es demostrable- la Diputación de Galicia que más invertía en números relativos, en porcentaje. Y casi en números absolutos. En números absolutos invertía más la Diputación de A Coruña, con un presupuesto que la triplicaba, pero casi, en números absolutos, llegaba a alcanzarla.
Carmen.- Y algo que a lo mejor tampoco se sabe: la Diputación era un organismo que tenía tesorería, que no se endeudaba. Y eso es algo muy curioso.
Paco.- Se endeudó cuando el Campus, en los años 80.
Carmen.- Él empezó trabajando en banca, y sabía que había que tener tesorería, no recurrir al endeudamiento. Y eso fue un caso poco habitual en la Administración, que normalmente trabaja con financiación externa. La Diputación de Lugo tiraba de sus propios fondos y no se endeudaba.
Paco.- Ese es un criterio que se impone por influjo de Alemania a través de la Ley Orgánica de Estabilidad Presupuestaria de 2012. Él llevaba muchísimos años practicándolo. Era un hombre positivo, era un hombre innovador, era un hombre rupturista, un hombre con una mentalidad muy abierta y muy pragmática.
Ribeira Sacra
Díxonolo Carmen, a súa filla: “Le gustaba mucho toda la zona de Belesar… le encantaba la Ribeira Sacra. Todo lo que fuesen los los paseos que hay alrededor de Lugo”.
Tendo en conta que hai algo máis de trinta anos destas declaracións, detémonos na Ribeira Sacra, como fixo Tonina Gay na súa entrevista, xa que falaba da promoción turística da zona dos embalses para comentarlle que “Para a temporada próxima parece que a Deputación de Ourense nos vai facer a competencia tamén co seu catamarán”, ao que el respondeu:
Non, onte precisamente tiven oportunidade de ver navegando un catamarán que ten a Deputación de Ourense. Penso que é unha axuda máis. Ao fin e ao cabo, o embalse do Sil é compartido, esa ribeira, por parte de Ourense e por parte de Lugo, e a verdade é que nós tivemos un problema grave, que é que moitas veces non podiamos transportar a todos os viaxeiros que o necesitaban, así que eu vexo que iso é como unha colaboración.
O problema que temos aí é unha falta de infraestrutura. Claro, plantexouse no seu momento se había que empezar por colocar unha infraestrutura e despois os barcos, e a min pareceume preferible empezar nas condicións en que estaba para xustificar a necesidade de montar unha estrutura e para que dese tempo a que tamén a iniciativa privada se fose desenvolvendo.
Isto é precisamente o que a min me interesa, son problemas que se poden abarcar, que se poden comprender, que lle din a un algo, que lle afectan. Falábame vostede da Presidencia da Xunta, que pode ser moi atractiva, pero tamén moi complexa, e ao mellor non se poden realizar as ideas persoais na mesma medida ca dentro dun ámbito máis pequeno como a provincia.
Faláballe a entrevistadora do entusiasmo que se lle notaba coa idea de promocionar esta zona das ribeiras dos nosos ríos, das viaxes en catamarán, e desfrutar e coñecer esa zona da provincia, e el confirmábao:
Gústanme estes sitios, coñézoos moi ben, porque me gusta navegar, e sempre andiven por eles en lancha, e estou seguro de que pode ser unha fonte de riqueza, é un dos sectores económicos que poden desenvolver esta zona do interior de Galicia, é dicir, a beleza das súas paisaxes, costumes, gastronomía, o deporte náutico, caza, pesca… Iso é un filón importante que temos que desenvolver, e para iso temos en marcha un programa de construción de portos deportivos e clubs náuticos, que espero que no prazo dun ano e pico poidamos velo funcionando. Isto vai ofrecer mellores posibilidades de que nos visiten os de fóra, e de que algo nos vaian deixando por aquí.
Sobre este tema pronunciábase na entrevista efectuada en 2004 en Radio Voz:
O Inludes está a levar a cabo un gran traballo nesta zona da Ribeira Sacra que se pedirá que se converta en Patrimonio da Humanidade. É dicir, de non ser coñecida a ter unha sona e un prestixio en todo o país. E temos pensado poñer en marcha un plan de dinamización turística, deseñando rutas para ofrecerllas ás axencias de viaxe para que os que nos visiten poidan ver os monumentos do románico, os pobos, a nosa paisaxe e desfrutar do paseo nos barcos que hai polo rio Sil. E, sobre todo, intentar retelos para que alomenos fagan unha comida, tomen un café, e se pode ser que que durman na provincia, que coñezan as adegas e merquen estoxos de viño ou cestas de froita.
En Lugo hai moitas ribeiras. Non esqueza que xa Cunqueiro lle chamaba a Galicia o país dos mil ríos. E quedouse corto porque hai dez mil alomenos. Estamos facendo obras de recuperación, algunhas xa feitas nas ribeiras e desembocadura do Rato, a partir do punto Vello da Tolda, xa lindando coa ponte Vella da Tolda. Temos outra que se fixo entre a fábrica da Luz e os Robles. Temos a da zona do barrio da Chanca de Galegos e temos o Parque Novo de Paradai, e estamos preparando o servizo para o mantemento de todas esas zonas verdes, porque non basta con facelas, hai que mantelas en estado de visita e iso vai supoñer un esforzo considerable, un gasto cuantioso, pero penso que os habitantes da cidade ben o merecen. E non só en Lugo, senón que tamén se recuperaron ribeiras en Monforte, Chantada, Navia de Suarna, en Meira, Quiroga e Sober.
Lugo e a Universidade
Paco Cacharro, o fillo maior, lembra a seu pai como un home de visión pragmática, sinalando:
Cuando se plantea un Campus en Lugo, hay gente que le dice: “Pero no me vengas con eso. ¿Cómo va a tener Lugo un campus universitario?”. Y luego resulta que los campus universitarios más importantes del mundo están en ciudades pequeñas: Oxford y Stanford son ciudades pequeñitas. Mi padre pensaba, sabía, que Lugo es el sitio ideal para una Universidad. ¿Por qué no vamos a poder hacerlo?
Chegados a este punto, deixámonos de xeneralidades, e imos aos detalles. Detalles que son conceptos -potencias, valores, realidades…- esenciais dunha cidade e unha provincia que foi medrando de xeito perceptible, pero coa naturalidade coa que os humanos aceptamos a melloría das condicións de vida.
Cada un destes aspectos, sobre os que se pronuncian protagonistas ou afectados, especialistas ou colaboradores, forman agora parte da nosa vida, conformaron a realidade na nosa contorna, e resulta que -en todo ou en parte- nos fan lembrar a Paco Cacharro, a través dos testemuños, que ás veces non fan máis que avivar as nosas lembranzas.
Cando se fala de Cacharro, a Facultade de Veterinaria convértese nun especial sinónimo, por estar unida ao seu nome de xeito indeleble.
Suplusa
O tema de Suplusa mencionouno Paco Cacharro (fillo) na conversa coa familia:
Cuando creó Suplusa, la sociedad urbanística provincial, fue una alternativa a Xestur. De hecho a Xestur la barrió del mapa de la promoción de suelo industrial. Sobre eso puede hablar mucho Ramón Arias, que conoce bien esa historia.
Se habla mucho del Campus, y no se habla de Suplusa. Pues el presidente Cacharro se planteó el por qué una Diputación no va a poder hacer una política de creación de suelo industrial. ¿Por qué una Diputación no va a poder crear un Centro de Formación en Audiovisual y Nuevas Tecnologías? Esto son ideas innovadoras, no son propias de un cacique decimonónico.
Artesanía e Deseño
Nunha conversa en Radio Voz en 2004 que Arancha Sánchez e Rafael de la Vega mantiveron con Paco Cacharro, dialogaba con el Rafael en clave de humor, indicándolle:
Mire, haille un dito moi feito, que din que a mellor cerámica que hai no mundo está aquí en Lugo Capital.
Ao que Cacharro respondía:
Pois teñen razón porque, miren, din que Deus noso Señor foi o primeiro alfareiro, e o home foi o primeiro cacharro que fixo.
Insistía Rafael no doble sentido, indicando:
Dígollo precisamente por iso, porque tamén hai o dito de “Que boa a alfarería do cacharro que merquei, que andan pegando golpes ao cacharro durante moito tempo e non o dan roto!”.
Ao que Cacharro responde:
En Lugo sempre houbo moi boa alfarería. Recorde a de Bonxe, e outras como as de Mondoñedo, Gundivós, Samos e Sargadelos. En fin, alfarería, sempre tivemos moita e boa. E nós tamén dende a Diputación, a través do Centro de Artesanía, dedicámonos a impulsar, fomentar e conservar toda esa boa tradición que temos.
Obradoiro Escola de instrumentos musicais
O día da posta en marcha de Televisión Lugo de xeito definitivo, o 12 de decembro de 1994, no primeiro programa de “A carón da lúa”, Esther Hevia (+) entrevistou a Francisco Cacharro inmediatamente despois de que Xavier Rodríguez Barrio lese o poema “O can” do poeta ourensán Antón Tovar, acompañado á zanfona por Luciano Pérez, do Obradoiro Escola da Deputación.
Preguntáballe Esther pola súa impresión ao escoitar un poema tan fermoso, ao que Paco Cacharro respondía:
Falar despois disto custa un pouco de traballo. Ese poema transmite un sentimento, quizá de profunda tristeza, pola persoa, pola escena que está describindo, e un sentimento profundo tamén de apego á terra, nun val de Ourense. Pero bueno, anque nos producise un pouco de inquedanza e tristura, hai que seguir adiante.
Incidía a entrevistadora no que sentía ao estar nun programa de televisión, despois de ver o resultado cara ao público na zanfona de Luciano Pérez, responsable do Taller de Instrumentos da Deputación de Lugo, e despois de ver o bo facer en materias que lle competen como Presidente da Deputación, ao que Cacharro respondeu:
Experiméntase unha gran satisfacción ao ver que as cousas seguen marchando. No caso de Luciano e do Taller de Instrumentos Musicais era algo que xa existía cando cheguei á presidencia da Deputación. Intentouse impulsar, e afortunadamente segue a ter unha vida importante, fecunda, unha boa presencia. Pódese dicir que este Taller de Instrumentos Musicais da Deputación de Lugo é sen dúbida o mellor de España, e un dos pouquiños, e dos mellores tamén, que hai en toda Europa.
Nesta conversa en Televisión Lugo, Paco Cacharro destacou que momentos como aquel, da actuación de Xavier Rodríguez Barrio e Luciano Pérez, lle producían moita satisfacción:
Porque o feito de ver o resultado dun labor calado é moi interesante. Luciano Pérez, que desenvolve un labor importante no taller da Deputación, non é só un intérprete, é construtor e investigador deses instrumentos. Son fases do seu traballo que ao mellor se ven menos desde o público. Vese o instrumento xa rematado, vese a interpretación que se está facendo, pero as horas de estudio, a investigación, o ir buscar, estudiar nos documentos, que son ao mellor as pedras que hai nas catedrais, para de aí ir sacando a forma, e despois buscar nas obras literarias para ir conseguindo un son axeitado con eses instrumentos, custa moito traballo, e a verdade, cando se vai vendo o froito, síntese satisfacción.
Dentro da Deputación, quizá non tanto como un concello, pero case na mesma medida, a obra ten unha dimensión bastante humana, márcase, cada pequeno logro, síntese aquilo que non se acaba de rematar, que é unha necesidade insatisfeita, pero dá as súas satisfaccións, e no fondo penso que a xente, os cidadáns, cando se lles van facendo as cousas que necesitan, tamén mostran a súa satisfacción e o seu agradecemento.
O momento vivido posibilitou formular a pregunta de se coidaba que os lucenses eran conscientes das cousas importantes que se facían no organismo que el presidía, ao que respondeu:
Haberá de todo… Haberá cousas tamén que non son tan boas… Ás veces non se dan a coñecer as realizacións como se debería, pero ao mellor a culpa é nosa, non é da xente, porque tampouco teñen porque enterarse ao mellor do que non se lles mostra. Neste caso, o Taller de Instrumentos Musicais penso que si que é apreciado por todos os lucenses, e coñecido en Galicia e en toda España, porque o seu labor xa é moi prolongado, é o froito do traballo de tres xeracións, e penso que está suficientemente recoñecido.
O deporte
Na entrevista en TVL pregúntalle Tonina (vese que non fora ben o comezo da tempada do Club Baloncesto Breogán) se valera a pena a construción do Pazo Universitario dos Deportes. A resposta de Paco Cacharro foi rotunda:
Si. E penso que si porque é unha boa instalación a que temos en Lugo. O Breogán é un histórico xa do baloncesto, e un club que vén desenvolvendo unha actividade digna do maior eloxio por parte de todos.
Hai que ter en conta que é moi difícil hoxe facer o que fai o Breogán, é dicir, competir con clubs de Barcelona, de Madrid, de Sevilla, de Bilbao, de Valladolid, onde é moito máis doado, porque hai moita máis poboación, competir, ter un equipo, porque dispoñen de moitos máis cartos dos que dispón o Breogán.
Penso que o Breogán necesita o apoio, o respaldo de todos, e construír o Pazo dos Deportes foi unha posibilidade de que puidese ter máis socios, porque primeiro é a cabida, porque antes, ao parecer, en certos partidos non podían entrar. Entón puideron ampliar o número de socios. Foi poder responder a unha esixencia que lles facía a organización da liga ACB e, en definitiva, ademais, aínda que o utiliza o Breogán, tamén a nosa poboación universitaria está utilizando ese pazo, e pódese dedicar a outras moitas actividades.
Camiño de Santiago, Río Rato, Río Miño…
O tema da natureza, xurdiu na conversación coa familia, e o fillo maior, Paco, dixo:
La Reserva de la Biosfera fue otra iniciativa suya. Quiso convertir en Parque Natural a Os Ancares, implantar un modelo de desarrollo local parecido al que hay en Somiedo. Intentó convencer a la gente, incluso organizó excursiones con habitantes de los Ancares a Somiedo para que vieran cómo se había hecho allí, en Asturias. Pero ante el rechazo social dijo: “Si no quieren hacerlo, no vamos a imponerlo”. Pero hubo muchas iniciativas relativas al tema de la naturaleza”.
Carmen, a súa filla, lembra:
Era una verdadera obsesión para él que los ciudadanos tuvieran la posibilidad de tener zonas de recreo a cinco o diez minutos, y el resultado fue maravilloso.
En Lugo somos unos privilegiados. Ya quisieran en Madrid caminar diez minutos y tener todo ese paseo, esa inmersión en la naturaleza a su disposición.
La naturaleza era para él un objetivo primordial, como también lo era la posibilidad de crear formación para la gente y opciones de empleo.
Empleo no que, así mesmo, incide Juan, o fillo máis novo:
El empleo era su gran preocupación. Le gustaban los oficios y no quería que se perdieran. Y eso es algo que yo personalmente aprecio mucho.
A natureza, o Camiño de Santiago, os ríos… Son temas recorrentes no labor de Paco Cacharro. Difíciles de separar, e así nos aparecen en colaboracións de diversos participantes nesta publicación.